Programa 1

Renda Básica Universal: Máis alá do ingreso mínimo vital

22/05/2020

Neste programa achegámonos á Renda Básica Universal, escoitamos as propostas de organizacións defensoras deste novo dereito humano, traballadoras dos servizos sociais e persoas en situación de pobreza, ao tempo que nos preguntamos sobre as medidas económicas que deberían axudar a reducir as desigualdades sociais. Contamos coa artista Mercedes Peón; co profesor da Facultade de Económicas da USC, Adrián Dios; co educador social e membro do Colectivo Cidadáns pola RBU, Rodri Gil; con Javier Pérez, activista da Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social; e Eva López, técnica de Servizos Sociais Comunitarios. Así como con testemuñas tiradas do documental (aínda por estrear): A vivenda un ben social?; un proxecto audiovisual producido polo Colexio de Traballo Social de Galicia; realizado por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa.

Tamén contamos coas colaboracións de Julia Vázquez, veciña de Anxeriz; coas expatriadas Ana González, María Novas e Martín Loureiro; e coas voces de Marga Quintela, Rochi Nóvoa, Pepa, Eva, José Manuel Menéndez, Sandra, Isa, Anima e Sebas Anxos.

O programa complétase coa música de Mercedes Peón (Paralá), Machina + Leo Arremecágonha (Desescribir), Isma Khalo (A quen lle importa), Sumrrá (Minoría Absoluta), Branca Villares (Xente sen casa), Ánima (Trincheira-One-Shot), Machina (Liberdade, A obrigación da implicación) e Ataque Escampe (Desde o céu com amor).

Escoitao en Ivoox.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *