Programa 2

Redes de Apoio Mutuo, coidados e cooperación social

05/06/2020

Neste programa achegámonos ás Redes de Apoio Mutuo que nacen para afrontar problemas ocasionados pola pandemia. Falamos sobre coidados e reflexionamos sobre economía solidaria. Contamos co músico Nacho Gharbanzo; coa escritora Emma Pedreira; con Marta Bóo, Presidenta de REAS GALICIA; con Loli Patiño e Diego Jiménez, coordinadoras do Grupo de Apoio Mutuo da Coruña; con Rosa Gallego, do grupo de traballo ‘Cose na Casa’; David Ordás, do grupo de Cicloloxística dos GAM e con Concha Rey, voluntaria do Banco de Alimentos Rías Altas.

Tamén contamos coas colaboracións de Begoña de Bernardo e Laura Rey, coas que falaremos sobre coidados e cooperación e coas voces de Lois Castro, Gabriela, Angela, Eyner, Javier e Alexis.

O programa complétase coa música de Gharbanzo Neghro (Na Galiza
da Festa
), Nacho Gharbanzo (Somriu), A Banda da Loba (Bailando as
rúas
), Zënzar (Todo se extingue, Paranoia e Incomunicados), Baiuca
(Morriña), Sofía Espiñeira (A vida contemplativa), Magín Blanco (O amigo invisible), Fausto (Uns vao bem e outros mal), Lydia Botana (Quen nos queima), O ́Leo de Matamá (A Tribo na que vivo), Su Garrido Pombo
(Pecados e Quedo a vivir aquí), María Arnal e Marcel Bages (Canción
Total
).

Escoitao en ivoox pinchando aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *