Programa 3

Que modelo enerxético queremos?

19/06/2020

Neste programa da TRIBO RADIO falamos sobre que modelo enerxético queremos. Achegámonos a diferentes propostas cara un modelo máis ecolóxico e sustentábel, reflexionamos sobre como reducir o consumo de enerxía, promover a socialización das renovábeis e preguntámonos como ordenar a industria extractiva con criterios sociais e ambientais.

Contamos co escritor Manolo Rivas; coa poesía de Arancha Nogueira; con María José Grovas, de Nosa Enerxía; Manuel Santos, de Greenpeace; Xosé Veiras, de Ecoloxistas en Acción; Fins Eirexas, de ADEGA e Rosa María Regueiro, profesora de Economía na USC.

Tamén contamos coas colaboracións de Xoán Ramón Doldán, da asociación “Véspera de nada. Por unha Galicia sen petróleo”; Raquel, da Ghentalha do Pichel; Tomi, de Radio Cuac, as voces de Mayra Andrade, desde Brasil; Toni, desde Inglaterra e Verónica Ramilo, desde Barcelona e as saúdas de Garchu, de Ezetaerre; Mou; Sokran; Jamaica e Murdok, de Dios Ke te Crew e Zeltia.

O programa complétase coa música de Mayra Andrade (Afecto), Quempallou + DKTC (Ninguén), EZETAERRE (A herdanza do vento), Zeltia + Irevire (Lar de Cinza), Dios Ke Te Crew (Reinicio), UXÍA (A tribo máxica), Zënzar (Todo se extingue e Maruxa) e O Leo (A Tribo).

Escoitao en ivoox pinchando aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *