Programa 4

Repensar, coidar e habitar a aldea

03/07/2020

Presente e futuro do noso medio rural. Reflexionamos sobre o actual proceso de desagrarizacion, perda de poboación e de servizos para aquelas persoas que habitan o medio rural. Achegámonos a diferentes propostas para recuperar ese territorio e manter un medio rural vivo e analizamos como podemos repensar a nosa relación co territorio para que non desapareza.

Contamos con Henrique Mariño, Xornalista, carballés, traballa no Diario Público en Madrid; Tamara Andrés, Poeta e Tradutora (Combarro); Xosé Antonio Touriñán, Actor e Humorista (Culleredo) e Tania Arias Cancelinha, Historiadora e Arqueóloga (Pantón).

Entrevistamos a Raimundo Otero, profesor na Facultade de Socioloxía da UDC; a Francisco Quiroga, Investigador e Membro da Rede Revolta; a Bibiana Martinez; Antropóloga e Doutora en Antropoloxía Social pola Universitat de Barcelona e a Manuel Docampo, profesor de Estrutura e Cambio Social e Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio na UDC.

Ademais temos as colaboracións de Xosé Luís Carreira, Coordinador da queixería “Arqueixal” e Promotor do Evento Son d’aldea en Santiago de Albá (Palas de Rei); Noemí Vázquez, da “Arca da Noe(Vilar de Santos); Paco Gallego, Filólogo e Traballador en Comunicación Dixital; Camille Hédouin (tamén coñecida como Mounqup), Bretoa, Compositora, Cantante e residente na aldea Saumede (A Bola).

O programa complétase coa música de Samarúas, Vodoo, Guadi Galego, Eladio y los Seres Queridos, Luar na Lubre, Espazo de Gargayu, Xocaloma, Tu Mujer nos Engaña, Tanxugueiras, Mounqup, O Leo e Nova Galega de Danza.

Escoitao en ivoox pinchando aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *