Programa 5

É posíbel un turismo responsábel?

17/07/2020

Este programa da TRIBO RADIO está adicado ao TURISMO. Falamos das súas orixes, da industria, da globalización da mobilidade e do monocultivo turístico e reflexionamos sobre o turismo de proximidade, industrial, rural ou inclusivo. Coñecemos novas propostas como “domesticar o turismo” e preguntámonos se é posíbel un turismo ecosostíbel.

Contamos co músico O Leo; coa poeta Petri Daza; con Iago Lestegás, Doutor, arquitecto e consultor de planificación urbana e territorial; con Ana González, Xerente da Casa Lourán (Turismo Rural nas Restrebas, concello de Monfero); con José A. Cortés, Profesor de Socioloxía na UDC; con Miguel Pazos, Profesor de Xeografia Humana na USC e director do Centro de Estudos Turisticos da USC; con Mercedes Vázquez, Historiadora, Investigadora e Socia da empresa DeHistoria, Cultura, historia e patrimonio; con Xosé Manuel Barros, do Colectivo Mar de Fábula (Camelle); con Bárbara Ramos, Traballadora no sector aéreo; con Sonia Hermida, Xornalista, Autora do blogue soniahermida.com, Comunicadora especializada en infancia, educación e diversidade e con Marta Bóo, Socia e traballadora de Cousas da Terra Cooperativa.

Tamén contamos con Alberto Rodríguez, investigador no Centro de Investigaçao de Territorio, Transportes e Ambiente na Universidade de Porto; con Iria Caamaño, docente e investigadora, consultora turística e guía oficial de Turismo de Galicia; con Rubén Lois, Catedrático de Xeografia na USC; con Xerardo Pereiro, Profesor de Antropoloa na Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro (Portugal) e coas voces de Lucía Álvarez, da Plataforma ‘Salvemos O Iribio’ e de ADEGA e con Alejandra Plaza, Xornalista e Fotógrafa (nacida en Cabana de Bergantiños e residente en Zúrich e Frankfurt).

O programa complétase coa música de Ataque Escampe, O Leo, Vodoo, Ugia Pedreira/Pier El Gabacho, Celtas Cortos, Rosalía, Isabel Rei Sanmartin, Dirty Barriguitas, Uxía, Aid, Xoana e Zaz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *