Programa 6

A auga, un ben indispénsabel

31/07/2020

Neste programa da TRIBO RADIO participan activistas do movemento ecoloxista galego coas que falamos da contaminación das augas, da emerxencia climática e das secas. Coñecemos alternativas eficientes adaptadas á realidade galega,  preguntámonos por que é importante que os ríos flúan libremente e como reducir o noso consumo de auga.

Contamos con Verónica Torrijos, bióloga e activista de ADEGA; Alba Pazos, activista do colectivo Auga Limpa Xa; Manuel García, labrego e membro de MEL (Movemento Ecoloxista da Limia); Pablo Gómez, biólogo e membro da Plataforma pola Recuperación do Sar; Antón Masa, Presidente da APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra); Isabel Torres, activista do colectivo “A Rente do Chan” e Xandro García, biólogo mariño, activo en RRSS sobre temáticas do medio mariño baixo o nome Mar Abaixo e coas voces de Adela Figueroa, poeta e activista; Celso Sanmartín, actor e contador de historias; Xoana, música; María de Palol, música instrumentista catalá e Inés, Estela, Marcela, Andrea e Xiana, de A Banda da Loba.

O programa complétase coa música de Bia Ferreira, Albert Pla, Xoana, Najla Shami, Mano Negra, Manu Chao, Moun Qup, María de Palol, Xenderal_Nitram_Mou, Camarón de la Isla, Youssou Ndour + Neneh Cherry, Mariana Aydar e A Banda da Loba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *