Programa 7

Programa especial no Armadiña Rock 2020

28/08/2020

Programa especial da TRIBO RADIO no Armadiña Rock 2020, confinado pero co espírito de sempre. Desde a Praza da Chousa (Combarro – Poio) falamos de festivais, activismo cultural, traballo comunitario, financiamento, participación social, voluntariado e coñecemos o impacto sociocomunitario nas vilas onde teñen lugar festivais como o Armadiña Rock, Pardiñas, Millo Verde, Canteira Fest, Morrasound Rock Fest e Agrocuir da Ulloa.

Comezamos o programa con Tamara Andrés, escritora, tradutora e veciña de Combarro. Conversamos con integrantes da directiva da ACD Armadiña: Luz Fontán, presidenta, Almudena Acuña, secretaria e Manuel Pastoriza, vogal e falamos con Xurxo Souto, escritor e músico; Puri e Peli, veciñes de Combarro e Patricia Hermida, productora e distribuidora de bandas de rock.

Debate entre asociacións sen ánimo de lucro que organizan festivais: Nico, do Festival Millo Verde; Rafa, do Canteira Fest; Nel, do Morrasound Rock Fest; Martiño, Pedro e Laura, da Asociación Cultural Xermolos (Festival de Pardiñas); Adrián e Braulio, do Colectivo Agrocuir da Ulloa.

Tamén contamos coa colaboración de Sés, cantora; Merche e Patricia, cantareiras da ACD Armadiña; Xosé Constenla, cantautor; Paula Herrero, vocalista e compositora do grupo Hig Paw e despedimos o programa con Fernado Llor (guionista) e Pablo Prado (ilustrador), autores da banda deseñada “O último Festi”, unha obra sobre o Festival Armadiña.

O programa complétase coa música de Cássia Eller, Monoulious Dop, s, Som do Galpom, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Agoraphobia, La Pegatina, Heredeiros da Crus, Xosé Constenla e High Paw.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *